www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 4 de Agosto de 2020

O BNG solicita a creación do Observatorio Galego contra a violencia de xénero
Política • 25/11/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O BNG de Redondela ven de presentar unha moción na que solicitan o apoio do restos dos grupos presentes na corporación para reclamarlle conxuntamente á Xunta de Galicia a creación do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, un órgano institucional que debería encargase do estudo, avaliación e seguimento das políticas de violencia de xénero.


Unha medida que entenden fundamental a fin de contar con organismos e persoal especializado que permita facer unha análise sostida no tempo sobre a efectividade das medidas tomadas neste terreo e, consecuentemente, mellorar a eficacia das políticas e recursos que se dedican a esta finalidade.


O BNG solicita tamén a posta en marcha do Centro de Recuperación Integral e que dende a administración autonómica se faga unha planificación para a realización de campañas periódicas de sensibilización contra a violencia de xénero, que se realice á formación das e dos profesionais implicados na atención e tratamento das vítimas, e que se garanta o dereito á atención psicolóxica no ámbito sanitario público cuestión tamén recollida na lei.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: