www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

Os veciños de Chapela quéixanse do tráfico
Sociedade • 14/09/2009
Autor: Lorena Otero

Coches estacionados en dobre ringleira, un elevado fluxo de camións que provocan o colapso do centro urbano da parroquia así como a falta de aparcadoiro e de axentes da Policía Local que regulen a circulación son as principais queixas dos veciños.


Os habitantes de Chapela quéixanse dos problemas de tráfico que sufre a parroquia a causa do elevado tráfico de vehículos pesados que circulan polo centro da vila procedentes das empresas situadas na zona, sobre todo de Pescanova. Os veciños denuncian que a Avenida de Vigo non está acondicionada para soportar ese fluxo de vehículos, o que se ve agravado, segundo afirman, pola falta de axentes da policía local que regulen o tráfico durante as horas de máis circulación de camións. 


Os chapelás tamén se queixan pola dobre ringleira, o que fai que os vehículos teñan que esquivar aos coches que están estacionados o que se ve agravado no caso dos camións, provocando o colapso do centro de Chapela. Un problema, que segundo subliñan vén orixinado pola falta de aparcadoiro que sufre a vila. Porén solicitan ao goberno que tomen medidas que solucionen o problema de circulacións de camións, que veñen denunciando dende hai anos, así como os ruídos que xeran. Ademais de que nas horas puntas axentes da policía local regulen o tráfico para darlle maior fluidez.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: