www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

Detido un veciño de Pazos de Borbén cando tentaba provocar un incendio
Sucesos • 15/09/2009
Autor: Lorena Otero

Ao home impútanselle outros sete lumes no concello e contorna polo que se decretou o seu ingreso no cárcere da Lama.


A Garda Civil detivo onte a un veciño de Pazos de Borbén, de 34 anos, cando tentaba provocar un lume nas inmediacións da súa vivenda. A detención produciuse na madrugada do domingo. O detivo cando se deu conta da presenza dos axentes tentou escapar pero foi arrestado pouco despois pola Garda Civil e axentes forestais.


O home estaba sendo vixiado desde había varias semanas polo Seprona e a Brigada de Investigación de Incendios Forestais da Xunta despois dos incendios acontecidos no municipio o pasado 14 de agosto. O detido, que se lle imputan outros sete incendios forestais en Pazos de Borbén, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Redondela, quen decretou o seu ingreso en prisión, no centro penitenciario de A Lama.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: