www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

Inaugurada a escola infatil de Soutomaior
Institucional • 16/09/2009
Autor: Lorena Otero

O centro dispón de 41 prazas para nenos entre 0 e 3 anos.


A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou esta mañá a escola infantil de Soutomaior que conta con 41 prazas para nenos de entre 0 e 3 anos. A gardería dispón de tres unidades nas que a Xunta investiu máis de 250.000 euros, para a creación do centro e o equipamento, no que tamén participou o Concello de Soutomaior.


Mato destacou que a posta en marcha deste centro reflicte  "o compromiso que a Xunta ten coas políticas sociais e, de xeito concreto, coa atención á infancia". A Conselleira aproveitou a súa comparecencia ante os medios para lembra que no curso 2009-2010 iniciouse con máis de 6.100 prazas de titularidade pública, o que supón un incremento do 5% con respecto ao ano anterior. Así, o Goberno galego puxo en funcionamento 753 novas prazas de 0-3 anos. A responsable de Benestar destacou a importancia de colaborar coas administracións locais para continuar ampliando a rede de escolas infantís e agradeceulle ao Concello de Soutomaior a súa colaboración e disposición para crear a escola infantil. 

Comentarios
Susana Paz
Mércores 4 de Novembro de 2009 ás 21:10 horas
Noraboa ao Equipo da Escola Infantil de Soutomaior. Son unhas rapazas estupendas e están a traballar moitísimo cos nenos. Agardo de que se ubiquen pronto no Concello e que traballen moito.
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: