www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

Os Populares estudan adoptar medidas legais pola expulsión de Alberto Pazos do último pleno.
Institucional • 16/09/2009
Autor: Lorena Otero

Pazos afirma que en Redondela a democracia secuestrárona e acusa ao goberno local de intimidación e de negarlle ao seu partido o desenvolvemento do seu traballo.


O Partido Popular de Redondela vén de dar a coñecer, a través dun comunicado, a súa intención de adoptar medidas legais polo que consideran a vulneración dos seus dereitos por parte do Goberno Local. Os populares afirman que a expulsión de Alberto Pazos no pleno celebrado o pasado mércores, 9 de setembro, "foi a gota que colmou o vaso". O edil popular fora expulsado da sesión plenaria despois de que Carlos Pazos, que presidía o pleno, o chamara á orde en tres ocasións. Segundo o Tenente de Alcalde, ante o caso omiso que fixo o popular as súas verbas tivo que expulsalo da sala.


Alberto Pazos amosa a súa indignación co que considera unha persecución política por parte do goberno local. O edil asegura que "o bipartito está privando ao seu grupo do dereito de solicitar informes e de preguntar nos plenos debido o cambio do regulamento".
Os populares tamén acusan a socialistas e nacionalistas de non deixar intervir aos veciños nas sesións plenarias así como limitar o aforo da sala e solicitar a súa identificación para entrar. O Partido Popular local afirma que en Redondela "a democracia foi secuestrada por uns señores feudais que se cren donos do pobo e fan e desfan ao seu antollo". Porén están a estudar a posibilidade de adoptar medidas legais ou pór os feitos en coñecemento da Fiscalía.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: