www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

Menos de cinco anos de prisión para o veciño de Redondela que agrediu sexualmente a unha octoxenaria
Institucional • 17/09/2009
Autor: Lorena Otero

O agresor enfrontábase a unha pena de 17 anos pero un acordo entre as partes rebaixou a condena a 4 anos e 10 meses e ao pagamento de 3.000 euros.


Dez minutos bastaron para sentenzar o caso do mariñeiro de Redondela, Serafín F.P., alcumado "O sen Fin" pola agresión sexual acometida contra unha anciá de Redondela de 87 anos o 11 de decembro de 2007. O agresor, que leva xa dous anos en prisión provisional, foi acusado por agredir sexualmente á muller e pola violación do seu domicilio, polo que a Fiscalía pedía 17 anos de prisión. Malia todo, dous atenuantes, o feito de estar en estado ebrio, xa que o acusado sinalaba que inxerira gran cantidade de alcohol o que afectara as súas capacidades mentais, e que finalmente non se puidera acreditar a existencia de penetración na agresión sexual, fixeron que a pena solicitada se rebaixara en máis de dez anos. 


O acusado mostrou a súa conformidade na vista que se celebrou na Sección Quinta da Audiencia Privincial de Pontevedra, coa pena imposta de catro anos de cárcere pola agresión sexual e 10 meses de prisión pola violación do domicilio da muller, ademais do pago dunha multa de 600 euros, no canto dos dous anos de cárcere e os 2.880 euros solicitados no escrito de acusación inicial. A indemnización para a veciña de Trasmañó tamén se reduciu dos 12.000 aos 3.000 euros que o agresor comezará a pagar a partir do mes de novembro en doce mensualidades. Malia aceptar a pena, ante o risco dunha condena maior, Serafín continúa defendendo a súa inocencia e asegurando que entrou na casa da octoxenaria para roubar e que a golpeou, pero que non existiu agresión sexual.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: