www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

As remeiras de Chapela piden apoio económico
Deporte • 17/09/2009
Autor: Lorena Otero

Despois de facer unha moi boa temporada converténdose nas campionas de Bateis e Traiñeiras a nivel autonómico e estatal e de revalidar a súa vitoria en San Sebastián, as remeiras do Club de Chapela están pensando nun ano de descanso.


Oito anos de adestramento tiveron a súa mellor recompensa esta tempora para as mozas do club de Remo de Chapela. Despois de conseguir imporse nos Campionatos Nacional e Autonómico de Bateis e Traiñeiras, o pasado sábado conseguían, por segundo ano consecutivo, facerse coa Bandeira da Concha. Xunto ás remeiras de Cabo de Cruz e Samertolomeu as redondeláns cruzaron a liña de chegada as primeiras cun tempo de 10 minutos 48 segundos e 11 centésimas. Malia non estar acostumadas a remar en mar aberto e nas augas da praia da Concha, as redondeláns conseguiron imporse ás remeiras de Astilleros, Tolosa -Getaria e a embarcación de Zumaia.


Uns primeiros postos que agochan moitas horas de traballo que segundo apuntan cada vez se ve mais recompensadas polo apoio que lle prestan os seus seguidores e as administracións, pero sinalan que non é suficiente, xa que por moitas horas de adestramento que fagan son precisos cartos para continuar colleitando máis títulos.


Despois dun ano sen descanso as participantes redondeláns na proba de Donosti están pensando en tomarse un tempo de descanso. Un ano sabático, en canto ao deportivo, para poder recuperar forzas e facer todo o que fan os mozos da súa idade, e que se viron privadas durante estes doce meses a causa do adestramento e as competicións.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: