www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

O luns Medio Ambiente retoma a compaña de compostaxe na casa
Institucional • 18/09/2009
Autor: Lorena Otero

As persoas que solicitaran noutras campañas os composteiros e quedaran en lista de espera poden pasar a recollelos directamente polo departamento de Medio Ambiente de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.


Debido ao gran éxito acadado na campaña anterior a Concellería de Medio Ambiente retoma o programa de compostaxe na casa. A partir deste luns, 21 de setembro, este departamento porá a disposición dos veciños 200 composteiros co obxectivo de fomentar a reciclaxe dos residuos orgánicos e diminuír a cantidade de lixo que se deposita no colector verde. Con esta nova partida cubrirase a demanda daquelas persoas que o solicitaran nas pasadas convocatorias, pero que pola falta de existencias, quedaran sen el. Ademais tamén se abrirá unha nova quenda para novas solicitudes.


Unha campaña de reciclaxe dos residuos orgánicos que se centra nas vivendas da periferia, e que nas tres pasadas edicións tivo moi boa acollida. Para dar a coñecer o seu funcionamento e poder solucionar todas as dúbidas aos futuros usuarios, a campaña complétase con dous cursos prácticos sobre a compostaxe na casa que se celebrarán no Multiusos de Redondela, entre o seis e oito de outubro e en Chapela o 29 de setembro. Todos aqueles que queirades participar nesta campaña de reciclaxe, recoller o composteiro ou solicitalo só tendes que pórvos en contacto co departamento de Medio Ambiente do concello de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: