www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 4 de Agosto de 2020

Arde crise, arde!!!
Cultura • 21/02/2012
Autor: M. X. Queimaliños

A crise arderá hoxe en Redondela pero, moito nos tememos que aconteza o que pasou hai xa tres anos, cando no Entroido 2009 tamén fora a difícil situación económica ese mal que todos querían facer desaparecer coa queima do meco. Parece que a purificación do lume non foi suficiente e a pesar dos berros "Arde crise!!!" que naquel intre acompañara o espectáculo, tres anos despois seguimos pedíndolle a Don Carnal que reduza a cinzas a crise económica.


Os actos programados pola Consellería de Cultura arrancarán ás 17:00 horas coa charanga Dr. Anchoa e haberá tamén obradoiros para os mais cativos con talleres de maquillaxe, máscaras e globoflexia.


A queima do meco está prevista para as 20:00 horas e logo do espectáculo de lume haberá verbena amenizada pola Orquestra Ismael. Unha música que soará na praza de Ribadavia.


Con todo, a "festa rachada" arrancaba xa ao mediodía con veciños qeu non duidaban en sair á rúa disfrazados para a ocasión. Unha animación qeu conforme avancen as horas irán en aumento grazas á participación popular e as tradicionais comidas de entroido.
Para facilitar o desenvolvemento das actividades de rúa, está previsto o peche do casco urbano ao tráfico rodado a partir das tres da tarde. Así, os vehículos non poderán circular polas rúas que van dende a praza da Farola ata a rotonda de Xeneral Rubín.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: