www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

Poucos incidentes nunha noite máxica na que se celebraron 45 cacharelas
Cultura • 24/06/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Poucas incidencias nunha noite de festa que se prolongou ata altas horas da madrugada. Tan só hai que lamentar un incendio nun colector de vidro en Pasan e a intervención policial para impedir a celebración dunha fogueira na praia de Arealonga. A Concellería de Medio Ambiente autorizara 45 cacharelas

 




Centos de persoas participaron onte nas numerosas fogueiras que se celebraron en todas as parroquias do municipio. En total, a Concellería de Medio Ambiente concedeu permiso para a celebración de 45 cacharelas. Os controis da policía local evitaron que as celebracións se realizaran nas praias, onte está prohibido prender lume.


A pesar da advertencia, en Chapela un grupo de veciños tentou realizar unha fogueira en Arealonga o que obrigou a intervir aos axentes así como a un camión que foi o encargado de retirar a leña que xa estaba no areal. Nun primeiro momento os veciños tentaron deter o vehículo, aínda que a intervención de efectivos da policía local e nacional permitiu que se realizase a retirada da madeira.


Tamén foi necesaria a intervención de protección civil, quen procedeu coa axuda dunha motobomba a apagar un lume nun colector de vidro no lugar de Pasán en Chapela. Un lume que quedaba extinguido ás 00:45.


Festas en Cabeiro


E dentro das celebracións do San Xoán lembramos que Cabeiro continúa en festas. Logo da gran fogueira e sardiñada celebrada onte, neste mércores as celebración continúan con pasarrúas a cargo da Banda de Música de Redondela quen ofrecerá un concerto ás 12:30. Pola tarde haberá fútbol onde se enfrontarán solteiros contra casados, en dous partidos nos que sairán ao campo homes e mulleres, e xa pola noite a partir das 22:00 horas as orquestra Lamas e Naranja amenizarán a verbena nocturna.


Mañá xoves soará a música da Banda Cultural de Arcade durante a mañá e pechará as festas as actuación de América e Suavecito.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: