www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

Seminarios para a mellora empresarial do sector hostaleiro e do pequeno comercio na Asociación de empresarios
Institucional • 21/09/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Estes seminarios levaranse a cabo no Convento de Vilavella os días 22, 23 e 24 de setembro.

 


A Asociación de Empresarios de Redondela, en colaboración con Bic Galicia Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, realizará durante esta semana diversos seminarios de mellora empresarial destinados ao pequeno comercio e ao sector hostaleiro.


Os seminarios destinados ao pequeno comercio centraranse no sistema de arbitraxe e as follas de reclamación mañá martes día 22 en horario de 20:30-22:30 horas, mentres que o xoves no mesmo horario abordaranse as ventas especiais como rebaixas, saldos, promocións e liquidacións.


Por outra banda os seminarios destinados ao sector hostaleiro abordarán a diversificación da oferta como xeito de mellorar a rendabilidade dos negocios coa inclusión de novas actividades e a captación e fidelización de clientes. Serán os días 22, 23 e 24 de setembro en horarios de 17:30-19:30 horas.


Para máis información poden contactar coa Asociación nos teléfonos 986404012 ou 986401496.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: