www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 4 de Agosto de 2020

Esquerda Unida demanda maiores investimentos nas políticas municipais de igualdade
Política • 21/02/2012
Autor: M. X. Queimaliños

Reclaman, a través dunha moción que se debaterá no pleno de febreiro posposto para o vindeiro día 29, que o goberno local invista maiores recursos e persoal nas políticas de fomento da igualdade. Solicitan tamén que se lle reclame ao goberno estatal a paralización da reforma da Lei de Interrupción voluntaria do embarazo.


Co gallo da celebración do día 8 de marzo, día da Muller, a agrupación política de EU presentará no vindeiro pleno municipal unha moción na que reclaman do goberno local que se incremente o orzamento económico destinado a políticas transversais e específicas destinadas a conseguir a igualdade entre homes e mulleres. Reclaman ademais que se incremente os recursos materiais e de persoal par a prevención e atención das mulleres en situación de especial vulnerabilidade e que se implanten campañas educativas, en colaboración cos centro escolares baseadas na concienciación entre os mais novos.


Tamén solicitan o apoio dos grupos políticos con presencia na corporación para lle reclamar ao goberno estatal que se paralice a anunciada reforma da Lei de interrupción voluntaria do embarazo que obrigará ás mozas a solicitar o permiso paterno, obrigatoriedade que segundo explican dende EU "retrotrae ás mulleres adultas aos momentos da transición política considerándonos como seres incapaces para decidir". Unha moción que será debatida no pleno ordinario de febreiro, posposto para o vindeiro mércores día 29 por mor das celebracións do Entroido.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: