www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 4 de Agosto de 2020

Cursos de inglés e ofimática na Asociación de empresarios
Institucional • 23/02/2012
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de Empresarios de Redondela realizará durante o mes de marzo un curso de Inglés práctico que ten como obxectivo que os seus participantes poidan dar resposta ás necesidades dun cliente de fala inglesa. En abril impartirase un curso de ofimática básica orientado a mellorar as habilidades informáticas dos asistentes.


Nas clases de inglés, que se desenvolverán entre o 5 e o 29 de marzo na sede da asociación, aprenderase a reaccionar ante calquera situación real de comunicación nun entorno profesional. As clases serán de luns a venres en horario de 17:00 a 19:30 horas.


A Asociación organiza tamén xa para o mes de abril un curso de ofimática básica destinado a autónomos. Neste caso un total de 90 horas lectivas que se impartirán entre o 9 e o 26 de abril en horario de 20:30 a 22:30 de luns a xoves.


O obxectivo é preparar ao alumno cos coñecementos de informática imprescindibles para o manexo da suite ofimática de Microsoft nos programas: Word para edición de textos, follas de calculo Excel e Base de Datos Access.


As persoas interesadas pódense inscribir ou obter máis infromación na sede da Asociación ou chamando ao teléfono 986 404012


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: