www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

O obradoiro "Atrévete a sentir" aborda a erótica feminina en Soutomaior
Institucional • 21/09/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería da muller organiza charlas, obradoiros e concursos cos que persegue fomentar a igualdade e a eliminación de estereotipos e tabús


Co obxectivo de desmitificar a erótica feminina e superar tabús que continúan a perdurar ao longo do tempo,  a concellería de Soutomaior organiza o obradoiro  "Atrévete a sentir", un curso de erótica feminina aberto de xeito gratuíto a todas as mulleres que desexen participar.


Non é esta a única novidade dun programa que arranca este mesmo mes de setembro e no que atopamos dous obradoiros monográfico en torno ao tempo libre activo e á musicoterapia.


Outras das propostas que repiten, logo do éxito de edicións anteriores son o curso de pilates e o obradoiro de educación para a saúde, autoestima e autovaloración nos que hai que inscribirse antes de que remate o mes.


Algo máis de prazo teñen aqueles que estean interesados no obradoiro para coidadores de enfermos dependentes, cuxo período de inscrición permanecerá aberto ata mediados de outubro ou o obradoiro de teatro, no que se poden anotar ata decembro.


Máis información no teléfono 986 701227 ou na propia oficina do CIM no multiusos de Arcade.


Por outra banda, xa está aberto o prazo de presentación de traballos para participar no I Concurso de relatos eróticos "punto e seguido".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: