www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

Observación astronómica en Chapela
Cultura • 23/09/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A actividade, organizada polas bibliotecas de Redondela en colaboración coa agrupación Rías Baixas, terá lugar o venres no parque a carón do Piñeiral do Crego


As bibliotecas de Redondela en colaboración coa agrupación astronómica Rías Baixas quérese sumar á celebración do ano internacional da astronomía. Por este motivo convidan a todos os que o desexen a participar este venres nunha observación pública das estrelas que terá lugar ás 22:00 horas no parque do Piñeiral do Crego en Chapela.


Os membros da agrupación amosarán as costelacións, astros e planetas a través de telescopios que achegarán para a ocasión. No caso de que as condicións climáticas non sexan axeitadas para realizar a actividade ao aire libre realizarase unha sesión de astronomía virtual no multiusos de Chapela.


Cita astronómica polo tanto o día 25 ás dez da noite aberta a todo o público en xeral.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: