www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 25 de Maio de 2019

Igualdade inaugura a exposición "Mulleres, en realidade"
Cultura • 8/03/2012
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería por en marcha un programa de actividades que inclúe charlas, proxeccións cinematográficas, teatro e exposicións, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. A primeira das citas esta mesma tarde ás 20:00 horas no Multiusos coa mostra "Mulleres, en realidade".


A exposicións que será inaugurada hoxe ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira conta coa participación de Silvana Sestelo, Dori Couñago, Xulia María, Noemí Salomón e Mari Carmen San José. O acto está enmarcado dentro das actividades que durante todo o mes organiza a Concellería co gallo do 8 de Marzo, Día da muller.


As actividades inclúen un ciclo de cine en colaboración co Fondo galego de Cooperación  coa proxección dos títulos O sorriso da Mona Lisa, Auga, Iron Jawed Angels e Princesas nos centros culturais de Chan das Pipas, O Viso, Santo Estevo e Cedeira.


Haberá ademais diferentes charlas nas parroquias sobre dependencia e coidado de persoas dependentes a cargo da psicóloga Marina Iglesias e na Casa da Torre a escritora Dori Couñago abordará dous temas de actualidade: o acoso escolar ou bulling e os trastornos e problemas alimentarios dos nosos fillos.


O teatro e a exposición Retazos dunha vida de Margot Araujo pecharán as actividades organizadas dende a Concellería.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: