www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

As administracións eluden dar unha resposta sobre a ampliación da autoestrada AP-9
Institucional • 24/09/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A asoicación de afectados pola ampliación da AP-9 insta ao Ministerio de Fomento e ao goberno galego a que definan proxecto ante a confusión que se vive en Chapela


O presidente da asociación de afectados pola ampliación da AP-9, Francisco Puch critica que nin o goberno galego nin o Ministerio de Fomento lles teña proporcionado información sobre o proxecto de reforma da autoestrada.


Lembra que o pasado mes de xullo solicitaron reunirse co presidente da Xunta, Núñez Feijoo. Nembargantes o xefe do executivo contestoulles que carecía de competencias sobre a autoestrada e convidounos a pórse en contacto co Ministerio de Fomento.


Pola súa banda, no mesmo mes, o titular de Fomento José Blanco, contestoulles que a ampliación corresponde á empresa concesionaria, que se atopaba nun proceso de cambio de dirección.


Puch critica ambas as dúas contestacións que cualifica de "fume" xa que en ningún caso aclaran cal será o futuro da vía. Insta ás administracións a que definan proxecto ante a confusión que se vive en Chapela, parroquia que se vería gravemente afectada no caso de realizarse a ampliación da AP-9 entre a Ponte de Rande e Teis.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: