www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

A selección de fútbol sala de Tailandia xoga en Redondela e Soutomaior
Deporte • 24/09/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Os equipos Redondela F.S. e SOAR enfrontaranse ao actual subcampión de Asia na pista da Xunqueira e no pavillón da Montesiña


A selección de fútbol sala de Tailandia, actual subcampiona de Asia, xoga hoxe e mañá contra dous equipos de Redondela e Soutomaior.


Este quipo está dirixido por José María Pazos, ex adestrador do Lobelle e o Azkar de Lugo, equipos cos que acadou grandes éxitos.


Na súa preparación para a Copa de Asia, chega á nosa comarca, onde medirá esta mesma tarde as súas forzas nun partido amistoso que os enfrontará co equipo local SOAR F.S. O encontro, con entrada de balde, disputarase ás 21:00 horas no pavillón da Montesiña.


Mañá venres desputarán un segundo encontro, neste caso na pista da Xunqueira ás 20¨:00 hroas contra o equipo Redondela Fútbol Sala.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: