www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Sen vistas de acordo entre a Coral Alvedosa e a dirección do centro sociocomunitario
Institucional • 24/09/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Continuarán coas protestas ata que non teñan garantías de que poderán retomar os seus ensaios no centro da terceira idade unha vez rematen as obras


A Coral Alvedosa acusa á directora, Francisca Canal de manipular ao presidente da formación José Figueroa Lourido "de 85 anos de idade", para que asinara "un papel en branco" onde supostamente se lles ofrecía un local de ensaio na Casa Do Mar.


Os integrantes da coral esixen que sexa a directora do centro quen se comprometa por escrito a que unha vez rematadas as obras que se están a realizar no centro da terceira idade poderán retomar os ensaios no mesmo lugar, tal como veñen facendo dende hai vinte anos.


Dende a coral anuncian que seguirán coas súas protestas  ata que a directiva que preside Canal non lles ofreza ese compromiso por escrito e retire a denuncia xudicial que presentou contra catro membros da coral "por supostas ameazas".


O grupo de canto anunciou que acudirá ao pleno municipal que se celebrará a vindeira semana e no que esperan se debata o tema. O pasado luns presentaron un escrito no rexistro municipal solicitando que o goberno local interceda ante a Consellería de Ttraballo e Benestar Social para que se lles garantice o auditoiro do centro social.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: