www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

A Xunta asegura que o Verdugo estará recuperado no prazo dun mes
Institucional • 25/09/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O río sufrira un vertido químico procedente da depuradora de Ponte Caldelas o 16 de agosto que provocara a morte de milleiros de peixes. Augas de galicia abriu un expeidnete sancionador ao Concello no que esixe que se tomen medidas para evitar que se repitan sucesos semellantes


A presidenta de Augas de Galicia, Ethel Vázquez asegurou onte que a fauna do río Verdugo en Soutomaior estará "totalmente recuperada" en outubro dos efectos producidos polo vertido químico do pasado mes de agosto.


O vertido producírase a consecuencia do mal funcionamento da estación depuradora de Ponte Caldelá e provocara a morte de milleiros de peixes así como a contaminación da canle do Verdugo e dalgúns areais da comarca.


En resposta a unha pregunta do BNG feita na comisión parlamentaria de Ordenación territorial,  a responsable de Augas de Galicia afirmou que as análises feitas entre o 16 e o 19 de agosto, pouco despois do vertido, revelaron unha reducción do PH e un incremento da proporción de aluminio na auga do río. Unhas anomalías que xa non se detectaron nas mostras recollidas o 3 de setembro.


Vázquez recoñeceu que a fauna do río viuse sensiblemente afectada, aínda que confía en que as actuación impulsadas por Medio Ambiente, entre as que citou a apertura de comportas das tres minicentrais que se atopan na canle do río, permitan constatar en outubro a súa recuperación.


Asemade indicou que Augas de Galicia abriu un expediente sancionador ao Concello de Ponte Caldelas ao que esixiu que acredite a adopción de medidas para evitar que se repita un suceso semellante.


A deputada nacionalistas, Isabel Sánchez Montenegro, lembrou que este tipo de sucesos non son illados, segundo as denuncias que de xeito reiterado veñen facendo tanto a confraría de pescadores de Arcade como a Asociación Ecoloxista galega, e reclamou solución para evitar que se repitan.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: