www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Xornada de xogos tradicionais no Viso
Cultura • 25/09/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O torreiro do Monte da Gándara en Tuimil acolle a partir das 15:00 horas do sábado unha xornada de xincanas musicais e xogos como o zanco ou o aro

 


A  Asociación Cultural Santa María do Viso organiza para este sábado 26 de setembro a partir das 5 da tarde unha tarde de xogos para os rapaces da comarca. Unha alternativa dinámica de ocio baseada na participación, recuperación de tradicións e no xogo en equipo onde os nenos gozaran con xogos tradicionais, como os zancos ou o aro e participarán en xincanas musicais. Ó final da sesión haberá unha merendola para os participantes e diversos agasallos.


Esta actividade celebrarase no Torreiro do Monte da Gándara (Tuimil - O Viso, xunto o campo de futbol). No caso de choiva pasarase a celebrar na Sociedade de Agricultores á mesma hora.


Esta actividade está incluida no programa de dinamización sociocultural da parroquia do Viso promovido pola Asociación Cultural Santa María do Viso e denominado "Parroquias Vivas 2009", co que se pretende proporcionar actividades de lecer e culturais a todos os veciños e veciñas do Viso, buscando a descentralización da cultura e actividades de ocio cara as parroquias.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: