www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

O concello ampliará a zona azul a Vilavella
Institucional • 25/09/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Os aparcamentos existentes baixo o viaduto Madrid pasarán a ser de estacionamento limitado a 90 minutos antes de que remate o ano. O obxectivo é favorecer a rotación de vehículos

 


A concellería de tráfico ten previsto crear unha nova zona azul en Redondela. Concretamente afectará ás prazas de estacionamento que existen baixo o viaduto Madrid, que pasarán a ser de estacionamento limitado gratuíto antes de que remate o ano.


Esta zona é empregada actualmente por vehículos pesados, que se trasladarán ás inmediacións da depuradora na Avenida Mendiño. O edil Eduardo Reguera entende que con esta medida, que foi xa pactada cos camioneiros, se crearán novas prazas para o estacionamento de turismos e ademais se recupera o entorno dun monumento como é o viaduto declarado Ben de interese cultural de Galicia.


O resto dos vehículos poderán seguir estacionando no lugar pero por un período máximo de 90 minutos tal e como sucede no Campo de Feira, onde o estacionamento limitado funciona dende principios de ano.


A medida porase en marcha unha vez rematen as obras de humanización da zona de Vilavella e pretende, segundo explicou Reguera, favorecer a rotación de vehículos e o achegamento dos veciños aos comercios da zona.


Redución do IBI


O edil adiantou tamén que no vindeiro pleno municipal, que se celebrará o martes día 29, debaterase a diminución do IBI, que pasará do 0'49 ao '0'44. O obxectivo do concello con esta medida é compensar o incremento que o coñecido como imposto de contribución sufriu nos últimos anos, dende que o catastro se actualizou no 2005.

Comentarios
Reme
Martes 22 de Xuño de 2010 ás 14:59 horas
Recuperación do Ben de Interese Cultural? cambiando o tipo de vehículos? Pero permitindo edificacións a 20 centímetros do mesmo? Neste Concello o Ben de Interese Cultural é o bolsillo duns poucos espabilados!!!! A CULTURA do pelotazo o enchufismo o clientelismo . . . .
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: