www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

A Coral Alvedosa demandará no pleno un local de ensaio no centro da terceira idade
Institucional • 28/09/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O edil socialista Emilio González Iglesias nega a imputación da directora do centro e voceira do PP, Francisca Canal quen acusa ao goberno local de estar detrás da polémica que a mantén enfrontada coa agrupación musical

 


O concelleiro socialista adiantou que no pleno que se celebra mañá mércores ás 20:30 horas atenderase unha petición presentada no rexistro do concello por parte dos membros da coral. No escrito solicitan que o pleno municipal se posicione sobre as súas demandas en relación a un local de ensaio no centro sociocomunicario que dirixe a voceira do PP Francisca Canal. O edil rexeita as acusacións de Canal nas que afirmara que "o goberno local estaba a manexar este asunto en conivencia co director da coral Jesús Martínez Álvarez" e engade que lle parece lóxico que a agrupación teña un espacio onde ensaiar tal e como veñen facendo nos últimos 20 anos.


Este sera un dos asuntos que se aborde na sesión ordinaria de mañá na que tamén se aprobará unha modificación da ordenanza fiscal do Imposto de Bens Inmobles. O goberno acordou unha rebaixa no xuro que regula esta taxa co obxecto de que os veciños non experimente no recibo do IBI a suba que está a provocar a actualización do catastro.


A corporación debaterá tamén a expropiación de terreos en Trasmañó para a realización das obras de saneamento na parroquia así como diferentes expropiacións que permitirán abrir un camiño entre a rúa Campo de fútbol e a zona dos colexios de Santa Mariña.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: