www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

A Policía Local estrea dependencias na Casa do Mar
Institucional • 29/09/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O Concellerio delegado do servizo, Eduardo Reguera, entende que a nova ubicación xunto á comisaría da Policía nacional favorecerá a colaboración entre ambos os dous corpos policiais.


Logo de numerosos atrasos, finalmente na xornada de onte os axentes da policía local de Redondela completaron o traslado ás novas dependencias, recen reformadas, na Casa do Mar en Santa Mariña e abandonaba os baixos do Concello.


Un traslado necesario dado que as dimensións das que dispuñan actualmente facíanse pequenas para o número de axentes existentes.


As novas dependencias ocupan un espacio de 225 metros cadrados e están dotadas de sala de espera, catro despachos, sala de xuntas e vestiarios separados tanto para homes como para mulleres.


A reforma supuxo 84.445 euros aos que hai que engadir 17.000 euros que se gastaron en mobiliario.


O concelleiro delegado da policía local, Eduardo Reguera, entende que ademais de necesario por cuestións de espacio, o novo local favorecerá a colaboración entre Policía local e nacional, xa que comparten o mesmo edificio.


O espacio que quedará libre nos baixos da Casa Consistorial reformarase para ampliar o arquivo municipal.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: