www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

A oposición acusa ao concello de financiar con cartos públicos actividades contra a Xunta
Institucional • 1/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Normalización porá a disposición dos veciños un autobús para achegarse á protesta convocada pola plataforma Queremos galego a pesar das críticas da oposición, quen acusan ao concello de financiar e promover actividades contra a Xunta de Galicia con cartos públicos


A Concellería de Normalización Lingüística de Redondela financiará un autobús para trasladarse o domingo día 18 de outubro á manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego en Santiago de Compostela en defensa do idioma.


Este departamento, en mans do BNG, non será a primeira vez que flete un autobús para acudir a unha mobilización a prol da lingua, unha iniciativa que foi duramente criticada dende as filas populares quen acusan aos nacionalistas e ao concello de "financiar con cartos públicos actividades políticas de asociacións privadas". Acusan ao goberno local de actuar de xeito desleal co Xunta ao "promover protestas contra o actual goberno galego".


O voceiro do BNG, Carlos Pazos, lonxe de rectificar adiantou que a Concellería de Normalización continuará promovendo a defendendo todas aquelas accións encamiñadas a defender o idioma "o maior patrimonio do país" e acusou aos populares de "estar intentando eliminar o galego, algo polo que debería caerlles a cara de vergonza"

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: