www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 23 de Maio de 2013

O Viso celebra as festas na honra de San Antonio
Cultura • 15/06/2012
Autor: M. X. Queimaliños

As celebración prolongaranse durante toda a fin de semana e ademais dos actos relixiosos inclúen as tradicionais verbenas e a celebración dun serán no que poden participar todos os grupos de gaitas e pandeiretas que o desexen. A Comisión de Festas conta coa colaboración da Asociación Cultural Santa María do Viso e o Bingo de Saramagoso.


As festas na honra de San Antonio arrancan na noite do venres cunha verbena amenizada polos grupos Acirema e Alvein. Xa o sábado os pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Chimpa na palla poranlle música á parroquia a partir das 17:00 horas e pola noite a verbena contará coa música das orquestras CiudadCristal e Solamérica.


O domingo as actividades arrancarán xa pola mañá con pasarrúas as 10:00 a cargo da Banda de música de Redondela. As doce do mediodía terá lugar a misa cantada a cargo da Coral Airiños da Peneda e a continuación a procesión.


A partir das cinco da tarde no torreiro da festa actuarán os grupos de baile galego de Saxamonde e Anaquiños de Chapela e os gaiteiros e pandereteiras Froles Mareliñas.


A continuación celebrarase un serán no que poden participar todos os grupos de gaitas e pandereteiras que o desexen. Ao remate da festas haberá petiscos para os participantes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: