www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Fomentar o galego a través da maxia
Cultura • 1/10/2009
Autor: Lorena Otero

O 6 de outubro chega a "Lingua Máxica" ao Multiusos de Redondela, un espectáculo para promocionar o galego entre os rapaces de 9 a 12 anos. Os cen primeiros participantes recibirán un libro de agasallo.


 


O espectáculo enmárcase dentro do programa "Bocaberta" de dinamización da lingua que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta está a desenvolver en distintos concellos galegos.
O mago Chrystian Magic será o encargado de dirixir "A Lingua Máxica", unha actuación destinada a rapaces de entre 9 e 12 anos que ten como obxectivo dinamizar o uso da lingua galega entre a poboación máis nova. Ademais contará coa colaboración da Editorial Everest que presentará o libro "O sorriso de Rosalía", como material de apoio. Os cen primeiros nenos que participen neste espectáculo, no que colabora o Concello de Redondela, recibirán como agasallo un exemplar.
O espectáculo celebrarase o día 6 de outubro, no Multiusos da Xunqueira, a partir das 18.00 horas. A entrada é de balde.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: