www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Outubro de teatro, música e humor en Trasmañó
Cultura • 1/10/2009
Autor: Lorena Otero

Pasarán por esta parroquia o grupo de teatro o Tarabelo de Sanxenxo, o humorista Somoza, a Banda de Música de Chapela e a banda de folk local os Veleiqui, entre outros.


 


Durante os sábados do mes de outubro o Centro Cultural de Trasmañó organiza un ciclo de teatro, musica e humor en colaboración co Concello de Redondela e a Deputación de Pontevedra. As actividades comezarán este sábado, día 3, coa actuación do grupo de teatro O Tarabelo de Sanxenxo. 
O sábado seguinte, o día 10, será a quenda da música e o humor, coa actuación da Banda de Música de Chapela e o humorista Somoza. O terceiro e cuarto sábado de outubro o teatro regresará a Trasmañó da man do grupo Os da Coviña de Cesantes e o 24 os que subirán ao escenario serán os membros do grupo Agarimo da ASC Amas de Casa Agarimo de Vigo.
Os cativos e o folk pecharán o programa de actividades de outubro do Centro Cultural desta parroquia, coa actuación o día 31, do grupo de teatro infantil Os Teatreiros e o grupo de folk local Veleiqui. As actuacións serán no Centro Cultural de Trasmañó a partir das 19.00 horas todos os sábados do mes de outubro.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: