www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

A campaña solidaria "Un euro por Jessica, axúdalle a camiñar" recada 7.400 euros
Sociedade • 2/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Un total de 110 petos repartidos por institucións e locais comerciais de Redondela e Vigo recollen as axudas anónimas de moitos cidadáns que queren colaborar para que Jessica, unha moza de Chapela que sufre parálise cerebral, poida camiñar. A operación que faría posible este miragre só se realiza en centros privados de Estados Unidos e Alemania e custa 25.500 euros.


O pai de Jessica, o fotógrafo e veciño de Chapela Eugenio Álvarez confía en que a intervención se realice o vindeiro 8 de decembro en Dusserdolf. Trátase dunha complexa operación con células nai que segundo os médicos especialistas podería permitir que a rapaza chegue algún día a falar e aseguran que poderá camiñar.


Animado por amigos e coñecidos, Eugenio Álvarez, un coñecido fotógrafo especializado en foto deportiva, xa que durante anos foi o fotógrafo oficial do Celta, decidiu por en marcha esta campaña baixo o lema "un euro solidario, axúdalle a camiñar". Tamén abriron unha conta solidaria en Caixanova en Chapela (2080 0030 93 0000143840) na que todo o que o desexe pode facer a súa aportación solidaria.


Unha causa a que se ten sumado tamén Susana Seivane, Alberto Comesaña ou Alberto Cunha que serán algúns dos artistas que participen no concerto solidario que está previsto para o 5 de novembro no hotel Los Escudos en Vigo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: