www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

A dirección do IES de Chapela nega a existencia dun alumno afectado por gripe A
Sociedade • 2/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A alarma desatouna unha información aparecida en prensa na que se afirmaba que un alumno de 4º de ESO padecía o virus H1N1. O servizo de epidemioloxía de Pontevedra confirmou non ter constancia de ningún afectado no instituto


A dirección do centro educativo, seguindo o protocolo existente, púxose en contacto co servizo de Epidemioloxía de Pontevedra, onde non teñen constancia da existencia de ningún enfermo de gripe A entre a comunidade educativa deste Instituto.


Os propios profesores tentaron contactar cos pais e nais dos alumnos que estes días se atopan de baixa por diversos motivo e non conseguiron localizar ao suposto pai que trasladou a información aos medios de comunicación e que, ao entender do centro, tería actuado con certa irresponsabilidade "xa que acudiu á prensa cando debía ter acudido ao propio centro".


O director do Instituto, Angel Bello, lamenta sobre todo a alarma que este tipo de informacións non confirmada provocan entre os pais e nais do alumnado.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: