www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Negros celebra a XIV edición da festa da mazá
Cultura • 2/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Por primeira vez a persoa encargada de ler o pregón será unha muller, a actriz da TVG María Mera. Os organizadores esperan recibir a máis de 2000 comensais que poderán degustar pratos variados a prezos populares


Con mazás recollidas na parroquia elabóranse os pratos que este domingo poderán degustarse en Santo Estevo de Negros. A prezos populares repartiranse entre os asistentes centos de racións de bacallao con mazá, chourizo á sidra, empanada de bacallao e repostería variada. Ademais para acompañar haberá mosto, sidra e augardente de mazá.


Un ano marcado polas poucas precipitacións e as obras do AVE o que se traduce en menos cantidade de mazás e as que se colleitaron de menor tamaño. Con todo, a colaboración dos veciños é imprescindible xa que todas os froitos que se empregan na elaboración dos pratos son das maceiras da parroquia que os seus propietarios ceden gratuitamente.


A festa contará coa música do grupo peruano Macchu Picchu e o grupo de gaitas Sons do Castro e xa pola tarde haberá tempo para as risas co humorista Lorenzo de Arcade quen actuará as 18:00 horas. A continuación a festa continuará co Trío Sevilla e o DJ Alberto

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: