www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Vitorias para o balonmán local, Sar e Chapela non perdoan aos seus adversarios
Deporte • 5/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Os equipos locais de primeira nacional non defraudaron á afección esta fin de semana ao vencer os dous encontros con presenza redondelá. A Sar vencía ante o Porriño e o Canario Cathering non perdoaba ao grupo Covadonga na súa primeira visita a terras asturianas


A Sar  inauguraba a recen remodelada Bomboneira cun partido ante o Porriño que remataba co resultado de 31 tantos a 25, a favor dos locais. Esta é a primeira vitoria do Peguform Sar despois de tres xornadas. Os homes da Sar mostráronse intratables dende o primeiro momento chegando ao descanso con vantaxe de oito goles o que lles permitiu certa seguridade na segunda parte do encontro. Un partido que rematou con seis goles a favor do equipo local, o que confirma a seu bo estado de forma.


Mais difícil parece que o terán a vindeira semana, xa que se desprazan a casa do cuarto clasificado, o Calvo Xiria.


Chapela


Pola súa banda, o Canario Catherin desprazábase a Xixón e a pesar de xogar coa afección en contra a súa superioridade foi incontestable como o demostra un marcador no que o equipo do Grupo Covadonga marcou 22 tantos fronte ós 44 logrados polo Chapela. Clara vitoria polo tanto para o Canario na súa primeira visita a terras asturianas. Os de Fran Teixeira tentarán repetir a vindeira semana e parece que non o terán difícil, xa que xogan na casa e reciben ao décimo segundo clasificado, o Gaeva Bueu.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: