www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

O BNG reclama á directora do centro social que ceda un local a coral Alvedosa
Institucional • 5/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Acusan a Francisca Canal de confundir a súa función como directora do Centro Sociocomunitario co seu papel político como voceira do PP en Redondela


Diante da problemática que nas últimas semanas tén como protagonistas á Coral da Terceira Idade de Redondela, asunto levado ao pasado Pleno da Corporación Municipal, o BNG de Redondela califica de "sectarismo" o proceder da directora do centro, Francisca Canal. Afirman que "como xestora de recursos públicos debe actuar baixo os criterios de equidade e respeito, garantindo os mesmos dereitos para todos e todas e baixo ningún concepto pódese permitir que por desavenencias con particulares, se actúe de xeito autoritario cun colectivo que agrupa a máis de vinte persoas".


Tamén a acusan de confundir as súas función como directora do Centro co seu papel político dentro do PP xa que aseguran dende o BNg que "semella que dende que houbo cambio de goberno na Xunta de Galiza, a tamén portavoz do PP local, considera que este Centro forma parte do seu patrimonio particular. Pretender que unha coral coa longa tradición que esta tén, deixe de utilizar un local de ensaios, constitúe, cando menos unha falta de respeto".

Comentarios
Que cara..
Martes 6 de Outubro de 2009 ás 10:43 horas
Organizaçao ... esa é a cousa....
Faciana de pantufla
Martes 6 de Outubro de 2009 ás 10:26 horas
Por certo iso de novos referentes para o nacionalismo galeguismo de esquerdas en Redondela... a min se me ocorren dous ou tres nomes bos e bastantes máis para o coro. Como dicía non sei quen se nos organizamos...
Faciana de pantuflas
Martes 6 de Outubro de 2009 ás 10:22 horas
O BNG de Redondela é o mellorciño que hai no país. Tanto os que están no concello o tal pazos do que falades a tal babarro e a outra. Os que seguen non nos mellores ceci xoán carlos etc. Cada un ten o que se merece!

Por outro lado que pouco galegos sodes. Non entendedes a retranca?
Que cara ...
Martes 6 de Outubro de 2009 ás 09:04 horas
Comparto o indicado por Maria do Carme. Son moitos os nacionalista e galeguistas de esquerdas que están desamparados en Redondela sen un referente político serio comprometido e que faga país ó que seguir. Si meu mighiño porque non lle preguntas á morea de xente que se deu de baixa do BNG de Redondela ou a todos os que aínda que sigan en contacto porque non saben doutra cousa mellor no nacionalismo-galeguismo en Redondela están ben resentidos da liña que sigue este grupo político que predica pero non fai.

E como non moita forza para a Coral Alvedosa.
María do Carme García
Martes 6 de Outubro de 2009 ás 08:44 horas
O de cara de zapatilla é ben pouco... Hai que ter vergoña para dicirlle ós demais que fagan o que uns non fan... Este xente do "mellorciño" seica que se dedica a botar á xente do seu despacho e xa coñezo a tres colectivos cos que o fixo e a quitar subvencións por desavecencias particulares que llo digan se non ó Colectivo Lúa Meiga. Espero que nas próximas eleccións baixen aínda máis do que están baixando ano tras ano e a ver se Pazos BabarroCía se marchan e deixan entrar a quen verdadeiramente paga a pena... É que tamén como se sigan deixando de afiliar ó BNG máis persoas non vai quedar alí nin o cuco pero iso debe de ser o que queren para seguir mangoneando ó seu parecer... Non se cara de zapatilla aínda é pouco dicirrrrrrrrrrrrr!!!!!!

PD: E por certo se pensas que é do mellorciño fala de Pazos no BNG de Soutoma de Pontevedra etc etc e xa verás qué pensan eles he he...
Faciana de pantufla
Luns 5 de Outubro de 2009 ás 17:22 horas
Tampouco te pases... zapatilla. O BNG de Redondela é do mellor quehai no país.
Que cara de zapatilla teñen
Luns 5 de Outubro de 2009 ás 14:34 horas
Primeiro apoiar á Coral Alvedosa e desexar que todo se amañe o máis asiña posible e que recuperen os seus dereitos a empregar un local público do que levan sendo partícipes moitos anos.

Segundo denunciar a tomadura de pelo que o BNG de Redondela está facéndolle á xente nacionalista e galeguista de esquerdas de Redondela ou sexa o seu electorado natural pois parece ser que o BNG de Redondela a través dos seus responsables no Concello A PARTIR DUNHAS DESAVENENCIAS PARTICULARES ACTUARON DE XEITO AUTORITARIO CUN COLECTIVO QUE AGRUPA A MAÍS DE VINTE PERSOAS quitándolle dun plumazo a axuda institucional da CONCELLERÍA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ ao máis que consolidado festival Noite da Lúa Meiga que se celebra no Viso e que é un referente na defensa do noso idioma -o galego por si algún bilinghista non o tren claro - e da nosa cultura e tradicións. Menuda cara de zapatilla teñen estes...
[1-7]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: