www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 12 de Novembro de 2019

Canal traslada a polémica coa coral Alvedosa á Consellería de Benestar Social
Institucional • 6/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A directora do centro sociocomunitario, Francisca Canal asegura non ter competencias administrativas para garantir que a Coral Alvedosa contará no futuro cun local de ensaio no centro unha vez rematen as obras. Acusa ao goberno local de politizar o conflito e insta ao concello a ceder un local no multiusos á coral.


Canal, asegura que non está na súa man garantir a ningún colectivo o uso das instalacións que dirixe. Con esta afirmación respondía a unha petición feita días atrás pola Coral Alvedosa, quen aseguraron que continuarían coas protestas ata que non teñan garantías de que poderán retomar os seus ensaios no centro unha vez rematen as obras


Canal asegurou que xa trasladou esa petición a Consellería de Benestar Social xa que como funcionaria carece de "competencias administrativas" para asumir compromisos desas características.


Con todo, a directora do centro e voceira do PP en Redondela, cargou contra o goberno local por "politizar o conflito". Asegura que nacionalistas e socialistas son culpables de que o problema se estea a prolongar tanto tempo por non cederlle un espazo á coral, algo que segundo entende, as autoridades locais deberían ter feito nada mais terse comezado as obras no centro.


Critica ademais que se leve este tema a un pleno municipal cando "dende o goberno local non se lle atenden ás demandas e inquedanzas dos veciños, aquelas que realmente lle dificultan a vida cotiá, como son as obras do AVE, a conexión coa A-57 ou o desemprego".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: