www.radioredondela.com | Hoxe é Luns, 9 de Decembro de 2019 |
Ensemble Vigo 430, primeira das actuacións programadas dentro do MusiCámara 2009
Cultura • 13/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños Durante tres sábados consecutivos a música clásica regresa ao Multiusos da Xunqueira con concertos que se desenvolverán ás 20:30 horas os días 17, 24 e 31 de outubro A primeira das actuacións previstas dentro do MusiCámara 2009 será o vindeiro sábado a cargo de Ensemble Vigo 430, unha agrupación formada no ano 2005 co obxectivo de descubrir e promover novos talentos en diferentes campos musicais e artísticos. O seu repertorio abarca diferentes épocas, autores e estilos que fusionan de xeito innovador con outras ramas artísticas como as artes plásticas, escénicas e as novas tecnoloxías. O día 24 de outubro será a quenda do trío "Coruña Bras" mentres que o cuarteto de corda "Móndello Quartet" será a formación encargada de pechar o programa cunha actuación o sábado 31 de outubro. Todas as actuacións comezará ás 20:30 horas con entrada de balde. Unha actividade organizada polo Concello de Redondela en colaboración coa Fundación Caixagalicia. |
Comentarios |
|
|