www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 26 de Agosto de 2019

Xornadas de orientación laboral e autoemprego para mulleres
Cultura • 13/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Procurar saídas laborais e dar as mulleres ferramentas axeitadas para realizar esta busca son os obxectivos das xornadas que se desenvolverán a partir do vindeiro luns día 19 e ata o xoves 29 en Redondela


O curso está dividido en dous módulos. No primeiro as participantes recibiran orientación laboral que lles servirá para enfrontarse ao mercado cunha formación precisa.
O segundo dos módulos centrarase no autoemprego partindo da idea orixinal da persoa emprendedora ata chegar á posta en marcha da empresa ou cooperativa, con referencias específicas aos trámites burocráticos e administrativos, ás fontes de financiamento e ás axudas e subvencións existentes.


As xornadas, de dezaseis horas de duración, están orientadas a mulleres en situación de desemprego, en busca activa de emprego e emprendedoras.


Para participar é necesario inscribirse na oficina de servizos socias ou no teléfono 986 408043 antes do venres día 16.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: