www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 26 de Agosto de 2019

O concello celebra a Semana Mundial contra a Pobreza cunha aula aberta de filosofía
Cultura • 14/10/2009
Autor: Lorena Otero

A actividade, que se  celebrará este venres no Multiusos da Xunqueira, centrarase na obra de teatro Cachai e nun debate, dirixido alumnos de Bacharelato.


O espectáculo, que está organizado pola Concellería de Educación e Cultura, ten por nome "Cachai" e xirará en torno a noite do golpe de estado de Augusto Pinochet contra o goberno chileno. A obra narra as peripecias de dous mozos perseguidos polos militares, que se perden unha noite dos seus pais, e vense na obriga de vivir durante dous anos dentro dun nicho dun cemiterio chileno.
A obra está protagonizada por Adan Rodríguez, David Gómez-Bendito e Juanjo do Rei, con dramaturxia e dirección a cargo de Pepe de Jiménez. Antes da posta en escena da obra realizarase unha presentación así como un debate a posteriori da representación. Con esta actividade, que se celebrará este venres no Multiusosos da Xunqueira, o Concello de Redondela conmemora a Semana Mundial contra a Pobreza instituída polas Nacións Unidas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: