www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 26 de Agosto de 2019

Exposición sobre os dereitos humanos no Multiusos
Cultura • 15/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A mostra, na que se fai un repaso da historia da Declaración dos Deritos Humanos dende o 1948 ata a actualidade, inaugúrase ás 20:30 horas de hoxe e poderá visitarse ata o 3 de novembro


Co obxectivo de reivindicar a vixencia e a necesidade de seguir loitando pola consecucións de asuntos tan importantes como a pobreza, a eliminación da pena de morte ou a necesidade de acadar o 0'7% nas políticas de cooperación, chega a Redondela unha exposición conmemorativa da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.


A mostra está integrada por varios paneis con texto e imaxes centrados na ética e nos dereitos humanos como sustento do desenvolvemento da sociedade e poderá visitarse no Multiusos da Xunqueira ata o vindeiro 3 de novembro.


A exposición, de carácter itinerante, inaugurarase ás 20:30 horas de hoxe e chega ao noso municipio da man das Xuventudes Socialistas. O acto contará coa presenza do alcalde de Redondela Xaime Rei, e do rexedor de Vigo, Abel Caballero.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: