www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 26 de Agosto de 2019

Música clásica no Multiusos coa actuación da orquestra Ensemble Vigo 430
Cultura • 16/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Hoxe será a música de Reveriano Soutullo a que soe no auditorio interpretada pola Banda de Música de Redondela e a Xuvenil de Chapela nun concerto que comezará ás 20:30 horas

 


Arranca mañá sábado a terceira edición do programa MusiCámara coa actuación da agrupación Orquestra Vigo 430. Unha formación que reúne no seu repertorio música de diferentes épocas, autores e estilos, destacando o seu achegamento á música do século XVIII e XIX. Deste xeito, a Orquestra adopta unha formación sinfónica ou de cámara, cun número mais reducido de instrumentistas para adecuarse mellor á interpretación da música barroca.


O ciclo continuará o sábado 24 de outubro coa actuación do trío Coruña Bras, cun repertorio que abrangue dende a música do renacemento, barroco, romanticismo e diferentes tendencias do século XX ata a música de vangarda


Finalizará o día 31 co cuarteto de corda clásico Mondello Quartet cun repertorio que se centra no Clasicismo, mais concretamente nos cuartetos de corda de Mozart, Haydn e Arriaga.


Reveriano Soutullo no Multiusos


A Banda de Música de Redondela e a Xuvenil de Chapela serán hoxe as protagonistas dun concerto dedicado ao mestre Reveriano Soutullo.


A actuación, que terá lugar ás 20:30 horas no auditorio do Multiusos da Xunqueira está organizada pola Fundación Reveriano Soutullo en colaboración coa concellería de Cultura.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: