www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 26 de Agosto de 2019

"A Partida" de Saúl Rivas González gañadora do X Certame de Relatos Curtos os Viaductos
Cultura • 16/10/2009
Autor: Lorena Otero

O segundo premio foi para Andrea Maceiras Lafuente, de Cambre, pola súa obra "Cando foi a última vez que sentiu fame de verdade?". Os premios será entregados este sábado ás 18.00 horas no Convento de Vilavella.


A obra "A Partida" do santiagués Saúl Rivas González foi a escollida como gañadora da


X Edición do Certame de relatos Curtos Os Viaductos, que organiza a Concellería de Xuventude. A obra, seleccionada entre os cincuenta orixinais que participaron este ano no concurso, será premiada con 1.202,02 euros.
O segundo posto foi para a coruñesa Andrea Maceiras Lafuente pola súa obra "Cando foi a última vez que sentiu fame de verdade?. Esta moza de Cambre recibirá como premio 601,01 euros.
Ademais destes dous relatos curtos, a Concellería de Xuventude concedeu un accésit  a María Xosé Castelo Lestón, veciña de Culleredo, pola obra "Adagio, mais non molto", que recibirá como galardón a publicación da súa obra. A entrega de premios celebrarase mañá sábado a partir das 18.00 horas no Convento de Vilavella.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: