www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

Concurso de blogs para potenciar a gastronomía e fomentar o uso do galego
Cultura • 19/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de empresarios de Redondela en colaboración coa Concellería de Normalización Lingüística convocan aos mozos de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos a participar na segunda edición do concurso de blogs Reblogdela, que este ano ten como tema "A nosa gastronomía".


Os obxectivos do concurso Reblogdela son fomentar o uso e normalización da lingua galega así como a gastronomía local. De feito, os blogs que se presenten a concurso deberán ter como tema principal os recursos locais relativos a produtos gastronómicos, restaurantes, receitas xenuínas ou festas populares


A Concelleira de normalización, Anxeles Babarro entende que con estas iniciativas axúdase a normalizar o uso da lingua en ferramentas tales como as novas tecnoloxías e anima aos mozos a participar no concurso.
O prazo de presentación rematará o 10 de decembro. O primeiro clasificado terá como premio un ordenador portátil mentres que o segundo e terceiro serán agasallados con MP4.


Os participantes deberán presentar os seus traballos antes do 10 de decembro na sede da Asociación de Empresarios de Redondela ou no enderezo electrónico reblogdela@empresasredondela.com.


Todos os participantes asistentes á clausura recibirán un pen drive

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: