www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

Exposición fotográfica no Multiusos
Cultura • 19/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños

As imaxes de Toni Vacas, Salva Vidal e Luís Sans protagonizan unha mostra que pode visitarse ata mediados de novembro


Os tres fotógrafos forman parte do colectivo Arte-k a través do cal promoven a experimentación no ámbito da imaxe así como a denuncia social a través dos seus traballos. Nesta ocasión reúnen tres visión ben diferentes. Por unha banda un conxunto de imaxes en branco e negro tomadas por Toni Vacas en América Latina ao longo da década dos 90. Fotos que recolle a situación social da infancia e concretamente dos nenos que traballan en situación de explotación na fabricación de carbón de leña


O traballo de Luís Sans aborda tamén o tema social, centrándose na opresión da muller na sociedade mentres que  Salva Vidal nos presenta imaxes máis experimentais nas que xoga coa estética a partir das fotografías realizadas en diferentes cidades

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: