www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

Ferido grave un peón de 91 anos atropelado por un autobús en Chapela
Sucesos • 21/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O home de 91 anos de idade foi alcanzado por un autobús de Vitrasa cando estaba a cruzar por un paso de peóns na Avenida de Redondela. Foi trasladado ao Hospital Xeral con feridas de gravidade


O accidente producíase ás 18.!5 horas de onte na Avenida de Redondela. O ferido foi alcanzado por un autobús da empresa VITRASA cando estaba a cruzar un paso de peóns que se atopa preto da rotonda que da acceso á autoestrada AP-9.


O peón recibiu os primeiros auxilios por parte dos membros do Grumir e do persoal dunha ambulancia e posteriormente foi trasladado ao hospital Xeral polo 061.


O home recibiu un forte golpe na cabeza e presentaba policontusións con diversas lesións no corpo.


O sinistro causou importantes retencións en sentido Vigo durante máis de media hora ata que o ferido foi evacuado.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: