www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

A Confraría reclama maior implicación das administracións no arranxo do pantalán
Institucional • 21/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Dúas semanas despois de que o temporal levase por diante o embarcadoiro de Cesantes, non hai ningún compromiso por parte da administración para arranxar ou construír unha nova pasarela.


Os colectivos da parroquia, e concretamente a confraría de pescadores denuncian que as administracións "pásanse a pelota" e eluden un compromiso.


O patrón maior, Clemente Bastos, asegura que a pasarela é necesaria tanto para os mariñeiros como para os bañistas e usuarios da praia e lamenta que Portos de Galicia e Costas non cheguen a un acordo para dotar á parroquia dun novo embarcadoiro.


Con todo, non se sorprende tendo en conta que había máis dun ano que se denunciara o deteriorado estado do pantalán e que a única medida da administración en lugar de proceder ao seu arranxo fora pechar a pasarela.


No seu camiño por sumar apoios para reclamar un novo embarcadoiro, os colectivos de Cesantes inician hoxe unha rolda de entrevistas cos grupos políticos. Reuniranse esta mesma tarde co BNG e esperan contar co apoio de toda á corporación no vindeiro pleno para solicitar do departamento de Portos de Galicia que constrúa un novo catalán

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: