www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 12 de Decembro de 2019

Concurso de cogomelos na Discotasca
Sociedade • 22/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Logo de varios eventos adicados á tortilla, ao churrasco e ao polbo, hoxe o protagonismo é para os cogomelos.  Unha cita que comezará ás 18:00 horas e se prolongará ata a medianoite


Un orixinal concurso de receitas de cogomelos organiza esta tarde a Discotasca no que poderán participar todos os que o desexen, tan só terán que achegarse ao local a partir das 18:00 horas cos seus pratos xa cociñados ou co material necesario para preparar as súas receitas no propio local.


O xurado valorará a presentación, degustación e enxebrismo e os participantes recibirán diferentes premios e agasallos como camisetas ou consumicións variadas.


Un requisito indispensable para participar é presentar o ticket de compra dos cogomelos para evitar así posible intoxicacións alimentarias


A cita gastronómica prolongarase ata a medianoite.
En vindeiras semanas teñen previsto celebrar un tradiconal magosto, aproveitando a época de castañas

Comentarios
Isaac
Domingo 25 de Outubro de 2009 ás 11:34 horas
eres un crack chopy jajajaja Venga un saludo tio
chopy
Xoves 22 de Outubro de 2009 ás 18:01 horas
zarrota enxebre? kn dixo aki somos un grupo de xente k o pasamos de puta madre sen necesidade de por algen en risco k góstanos comer e beber e troulear!! asi k se non keres participar ven k che voto un bailoson!!!!!!!!!!!!
zarrota
Xoves 22 de Outubro de 2009 ás 16:05 horas
enxebre? se non se podes coller do monte!!!!
[1-3]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: