www.radioredondela.com | Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019 |
O catedrático e experto en astronomía Severino Yáñez, na presentación de A Voz de Lenda
Sociedade • 22/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños A astronomía é o tema protagonista no novo número da revista que publica a Asociación de Familiares e enfermos mentais, Lenda. A presentación mañá venres ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira Un novo número de A Voz de Lenda, e van xa vinte, no que se abordan diferentes cuestións como o deporte, o humor, a literatura e como tema protagonista: a Astronomía, un xeito de conmemorar tamén dende Lenda o Ano Internacional desta Ciencia. Así un dos actos máis destacados é a charla coloquio que correrá a cargo do Doutor en Ciencias químicas e fundador da Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, Severino Yáñez Arias. Presentación literaria Durante o acto, no que tamén intervirá a concelleira de servizos sociais, Rosa Costas, presentarase o libro de relatos de Manuel Tomé "Solo la madera es comparable a la incomparable luna" onde os protagonistas dos contos son os animais. |
Comentarios |
|
|
Audios relacionados co artigo |