www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Adultos e cativos viven o Samaín en Soutomaior
Cultura • 30/10/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Actividades para os cativos no Pavillón de A Montesiña e Festa de Halloween nos bares e restaurantes de Arcade. Seis locais únense para animar a noite do Samaín con agasallos para os que vaian disfrazados


Os cativos de Soutomaior tamén poderán gozar do Samaín con xogos e obradoiros a partir das 18:00 horas no Pavillón de A Montesiña. Haberá obradoiros de maquillaxe, decoración de cabazas, talla de caveiras, elaboracións de apócemas e beberaxes e tamén unha parte gastronómica coa elaboración de chulas de cabaza. Os pequenos poderán achegarse ao pavillón a partir das seis e participar tamén en xogos celtas e xogos populares. Xa para concluír a xornada á 21:30 haberá un conxuro.


E mentres dende o concello propoñen actividades para os cativos os bares e restaurantes da zona únense nun intento de animar a vida nocturna de Arcade. Será na noite de mañá cunha Festas de Halloween colectiva na que participan seis locais de copas e restauración que agasallarán con diferentes premios aos que se acheguen aos seus locais axeitadamente disfrazados para a ocasión.


Participan a Pinchoteca raíces, o restaurante A Tapita, a cervecería O'Xa, o pub A Cantina e os locais Ruta 69 e Guantánamo. Cada un deste establecemento ofertará á súa clientela consumicións gratuítas e a posibilidade de participar en diferentes sorteos, eso si, requisito imprescindible ir disfrazados.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: