www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Novembro de 2017

II edición do Vento Rock en San Martiño
Cultura • 12/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O concerto comezará ás 21:00 horas do sábado no campo da MIñoteira en Ventosela, coa actuación de cinco bandas de música rock: Holocturia, Zona Zero, Skakeo, Defecto Optiko e Homenaxe a Led Zeppelin. Haberá castañas gratuítas e bebidas a prezos populares

 


O festival de música está organizado pola asociación xuvenil Ventorock, unha agrupación que ten como obxectivo fundamental seguir organizando esta cita rockeira e organizar ademais diferentes actividades culturais, deportivas e de contacto coa natureza.


O concerto do sábado comezará ás nove da noite con entrada e castañas de balde para todos os que se acheguen. En canto os grupos, haberá actuación de bandas locais como Homenaxe a Led Zeppelin e Holocturia, e grupos de fora cun recoñecido prestixio na provincia como son ZonaZero de Vigo e Skakeo e Defekto Optiko de Bueu.


Haberá ademais unha gran carpa para evitar que as inclemencias meteorolóxicas estraguen a cita.


Dende a organización afirman que esta segunda edición supón un "salto de calidade" con respecto o ano pasado en canto ás instalacións e aos materiais se refire, posto que ademais da carpa completamente pechada e pegada ao escenario mellorarase cualitativamente con 18000 watios de son e 40000 watios de luz.


A entrada ao recinto será de balde, así coma as castañas que serán feitas durante o festival e tamén haberá bebidas a prezos populares. Dende a organización contan con superar o medio milleiro de asistentes

Comentarios
noe covelo
Xoves 12 de Novembro de 2009 ás 16:55 horas
e unha voa idea que se faga festa como vento rock devian de facer mais festa como esa no pobo de redondela e non facer tantas festa como o do choco
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: