www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Novembro de 2017

O 25% dos traballadores contratados nas obras do Plan E atopábanse en situación de desemprego
Institucional • 12/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

As obras que se están a realizar en Redondela con cargo ao Fondo Estatal de inversión Local supuxeron que 84 parados atoparan emprego ao ser contratados por algunhas das empresas que están a realizar obras de humanización e mellora en diferentes puntos do concello

 


As 21 obras de mellora que se están a realizar durante este ano no concello de Redondela con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego -o coñecido como Plan E- empregaron a un total de 238 persoas das cales tan só 84 se atopaban en situación de desemprego. Isto supón que o 25% das persoas contratadas para estas actuacións atopábanse previamente en paro mentres que o 75% restante eran traballadores en activo.


Do total das obras a realizar as que incluíron un maior número de contratos de nova creación foron as humanización de Pai Crespo e José Regojo e a mellora e pavimentación de camiños municipais, actuacións que supuxeron a contratación de dez desempregados cada unha dun total de 46 postos de traballo.


Con todo, proporcionalmente habería que destacar o saneamento do barrio de Nogueira no Viso, xa que nove dos dez operarios que traballaron nesa obra atopábanse apuntados na lista do INEM.

Comentarios
Marisa Castañal Rodeiro
Luns 16 de Novembro de 2009 ás 16:21 horas
Só o 25%???? e digo eu, se ZP non gastara tanto en encher os bolsillos de 4 empresas e de Alcaldes corruptos e dividise os cartos do Plan E entre tódolos españois... non seriamos todos ricos dabondo?
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Domingo 15 de Novembro de 2009 ás 19:17 horas
60.000 euros/barba? Hai que descontarlle o custe de material, as comisións e as cestas de nadal que recibiran os concelleiros dos adxudicatarios destas obras. As obras do Plan E e outras axudas como as europeas, son do máis irracional e representan unha tomadura de pelo, aos veciñ@s, traballador@s e parad@s.

Resulta que se están invertindo inxentes e multimilloarias partidas presupostarias en renovar, ás beirarúas mellor conservadas do Concello, as do centro neuralxico da República Independente de Jaime Rey,´coñecido como a Vila dos Viaductos, deixando sen inversións as maltratadas parróquias choqueras, ou mesmo a dos beretes. Renovase o que mellor está, incluso se destrue e reconstruen, obras finalizadas escasamente dous anos, como o caso da canalización e pseudopaseo desnaturalizado da desembocadura nonnatural do río Pexegueiro.

As inversións do Plan E deberan adicarse a proxectos e inicitivas sostibles no tempo, económica e ambientalmente falando e que supuxesen a creación de novos empregos, e servizos aos veciñ@s. Pero falta inmaxinación e proxectos, en parte a culpa da soberbia acumulada en anos de apego ao sillón. Jaime Rey e a súa política, complices, están caducados, nunca contribuirán a mellora de Redondela, nin a superar a crise, o paro, etc.
Arturo
Xoves 12 de Novembro de 2009 ás 23:50 horas
Cinco millóns e pico de euros, divididos entre 84 (sendo xenerosos), case que 60.000 euracos cada novo posto de traballo, tendo en conta o tempo de contrato, ... custaron bastante eses postos de traballo, non si?
Aínda por riba, gustaríame saber cántos son veciños de Redondela ou arredores.
Outras "perlas" do Alcaldiño:
"O 90% da poboación ten alcantarillado". Que se metesen os colectores non quere dicir que esteamos conectados.
"De rematar a obra do viaduto ocuparase o meu Delfín" . Este pensa que é Franco, ou Xoán Carlos?, Non terán nada que dicir as bases do P.E. (nin socialista nin obreiro)? Funciona a "dedocracia" en Redondela, que pasa, non vai haber eleccións?
Outra cousa, "delfín" en galego dise golfiño, por si é do voso interese, habería segunda intención?
[1-3]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: