www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Novembro de 2017

Rei negocia en Madrid a rehabilitación do viaduto
Institucional • 13/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O alcalde de Redondela Xaime Rei reúnese hoxe cos responsables da Dirección Xeral de Patrimonio en Madrid para coñecer os detalles do proxecto de rehabilitación do viaduto. O delegado do goberno en Galicia, Antón Louro confirmou que en breve anunciará esas obras


Un proxecto de rehabilitación e posta en valor do Viaduto que contará con dúas fases. Na primeira procederase a recuperar a estructura, actuación que permitiría retirar a rede que dende o verán cubre a totalidade da ponte para evitar posibles desprendementos. A segunda fase, reiteradamente anunciada dende o goberno municipal, permitiría converter a vella ponte nun paseo peonil.


O rexedor local confía no compromiso de Patrimonio, dependente do Ministerio de Economía e Facenda, a pesar de que os socialistas votaran en contra dunha emenda presentada polo populares aos orzamentos do estado na que demandaban unha partida económica para realizar esta obra.


Rei conta tamén co compromiso verbal do delegado do goberno en Galicia Antón Louro, quen adiantou xa que o proxecto do viaduto pronto será unha realidade


Dende 2004 existe xa un ambicioso proxecto para por en valor a ponte que se foi pospoñendo reiteradamente ante a falta de financiamento.

Comentarios
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Domingo 15 de Novembro de 2009 ás 19:27 horas
Trátase unha vez máis do modelo electoralista do PSOE e Jaime Rey en 30 anos, consistente no cacareo continuo de proxectos que nnca cheagan a realizarse, pero que se publican na prensa a bombo e platillo, co fin de ilusionar aos incautos electores do PSOE. Ulo, o auditorio, ulo, spa, ulo a ponte, casino e escola de vela de élite, na Illa de San Simón?

Por outra banda o proxecto do mirador é pouco ambicioso, cando cumpría a creación dunha senda verde, en todo o tramo ferroviario abandoado, creando unha nova "ruta de colesterol", coma fan noutros concellos da península e paises do mundo.

Tamén exixir de Rey & Cía, a preocupación pola perda de mobilidade e dos transportes públicos sostibles económica e ambiantalmente a aposta polo tren de cercanías, non esperar ao desmantelamento dos servizos para ir a Madrid a xestionar o uso de infraesctruturas abandoadas.

AVE, Autovía, NON GRAZAS!
manda carallo
Venres 13 de Novembro de 2009 ás 14:07 horas
Que non nos vendan a Rey como grande estadista! Disque vai a madrí a megociar. Pois si que vai a boa hora, claro este home só leva dous anos como alcalde...

Noxo de política local.
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: